Nivel básico, intermedio e avanzado. Horas dispoñibles nas clases de reforzo de inglés para primaria, secundaria e bacharelato.
Consultade con nós.
Fundación Ramón González Ferreiro
A Fundación Ramón González Ferreiro ten a súa orixe na vontade de Don Ramón González Ferreiro, natural da aldea de Paciños, no municipio de Allariz.
Por desexo expreso del, a Fundación que leva o seu nome pasa a ser herdeira de todo o seu patrimonio no momento do seu falecemento, acontecido en xullo de 1980, ao mesmo tempo que fixa os seus obxectivos, que van enmarcarse fundamentalmente na actividade educativa.
Inicia así, esta Fundación, unha importante andaina que persegue dar resposta non só as necesidades de Allariz e comarca, senón tamén a algunhas das que Galiza require.
Fundación Ramón González Ferreiro
Aula f Formación
A túa aula formativa en Allariz. A Fundación Ramón González Ferreiro Aulaf en Allariz é centro acreditado para impartir os certificados de profesionalidade. Formación en xestión, administrativo, inglés, francés, costura, patronaxe, apoio escolar e moito máis!
Albergue · Rural Camp
No albergue acollemos a todos os colectivos sociais legalmente constituídos (Colexios, Asociacións, Federacións, ONG’s…) para que desenvolvan os seus propios programas ou, se o prefiren, a oferta da nosa programación.
C.E.A. O Rexo
A Fundación Ramón González Ferreiro, en colaboración co Concello de Allariz, puxo en práctica no ano 2000 este proxecto, a Escola Silvo-Pastoril do Rexo, que conta cunha granxa-queixería e un rabaño de ovellas.