Neste curso o noso obxectivo é poñerte en contacto coas ferramentas básicas para que poidas realizar os teus primeiros tocados en sinamay.
Aprenderás a diferenciar as diferentes calidades, como endurecelas, darlle forma (con ou sen horma), alambralas e rematalas correctamente.
Tomarás contacto cos diferentes tipos de suxeicións e como aplicalas.
Trataremos algúns adornos básicos, como confeccionalos e fixalos á base.
Ao remate do curso levarás unha peza deseñada e confeccionada por ti mesma.
Datas:
Días 29 Abril de 18:00 a 21:00
Dia 30 Abril de 10:00 a 13:00
6 horas divididas en dúas xornadas de 3 horas cada unha.
Xornada 1
1- Materiais. Tipos de materiais clásicos en sombreirería utilizados para a realización de tocados, centrándonos no Sinamay ou cáñamo de Manila.
2- Elección do deseño dependendo da ocasión, fisionomía, peiteado… etc.
3- Aprestos. Disolucións e aplicación dos mesmos no sinamay.
4- Moldeado da base, pasado o ferro e secado.
Xornada 2
1- Alambrado da peza (costura)
Como unir, coser e puír (pulir) o alambrado da peza.
Puntadas básicas en sombreirería.
2- Elección e confección de adornos
Usaremos o propio sinamay, así como plumas e cintería.
3- Remates e suxeicións
Como fixar diademas ou peiteas (peinas) para a suxeición e correcta colocación da peza dependendo de cada peiteado
Prezo do curso: 65€
Imparte : FÉLIX DE MARTIN