Campamento de verán Rural Camp
BE RURAL!!
Rural Camp é un campamento cheo de aventuras no rural no que compartir sete días nun “refuxio” con actividades continuas do día á noite. Natureza, deporte, xogos (moito xogo), música, gargalladas a moreas… Un espazo no que por en valor os pequenos xestos, compartindo momentos cheos de adrenalina e emocións.
Onde terá lugar?
Este campamento, que ten lugar un verán máis, no albergue da Fundación Ramón González Ferreiro, créase con moita ilusión, experiencia e co traballo acumulado na educación non formal durante anos. A nosa é unha proposta alternativa, educativa e lúdica que transcorre no entorno rural e natural de Paciños, Allariz. O lugar que xa moitos consideran a súa casa de verán.
Os valores
A programación escollida fomenta valores coma o respecto e o compañeirismo, a igualdade, a solidariedade, a concienciación ambiental e o coñecemento da vida no rural. Pretendemos que os e as participantes aprendan a convivir, fagan novas amizades e coñezan distintos lugares, espertando o seu espírito aventureiro e unha maior autonomía persoal.
Para que idades? Dirixido a rapaces e rapazas de 9 a 16 anos, distribuidos en dúas quendas.
Primeira quenda de 9 a 12 anos (2014 – 2013 – 2012 – 2011).
Segunda quenda de 13 a 16 anos (2010 – 2009 – 2008 – 2007).
QUENDAS VERÁN 2023
Prazo de inscrición aberto dende o 1 de marzo!
PREZO: 295€ con desconto de 15€ para cada irmá/irmán que asista ao campamento.
OBRADOIROS E ACTIVIDADES
Slack-line. Tiro con arco. Xogamos nun “Ecoespazo”. Obradoiros “eco”. Tardes de mergullos. Pasto e ovellas. Deportes e xogos. Xincanas de auga. Skate. Horta e flores. Pilates e meditación. Noites de show! Espertares musicais. Degustación de queixo. Lipdub e moita diversión!!!
UNHA SEMANA EXTRAORDINARIA EN RURAL CAMP!!! RODEADOS DE MAXIA, LEDICIA, DIVERSIÓN, VALORES, CONVIVENCIA, APRENDIZAXES, ENERXÍA E CONTACTO COA NATUREZA.
*As actividades adaptaranse ás idades dos participantes.
*As quendas realizaranse se hai un número mínimo de participantes.
*Moitos dos desprazamentos que se fan durante o campamento son a pé; é importante que os asistentes estean capacitados para iso e teñan calzado axeitado para trasladarse por sendeiros.
INSCRICIÓN
-
Descarga a
-
Pagamentos do RuralCamp 2023
Toda a información facendo clic aquí
-
Facer o ingreso de 30€ da reserva:
Nº conta: ES78 2080 0417 0430 4000 8352 (ABANCA) Concepto: nº quenda + nome e apelidos do participante Importante: a praza queda reservada ao efectuar o ingreso e envío do xustificante.
-
Enviar correo-e
con xustificante bancario, copia da tarxeta sanitaria e a ficha de inscrición a: administracion@fundacionrgf.org
-
2ª Pagamento
o prazo final para facer o ingreso restante será o 15 de Maio de 2023.
-
Información complementaria
Toda a información facendo clic aquí
-
Equipamento necesario
Toda a información facendo clic aquí


Máis información chamando ao teléfono 988 891 201 ou a través do noso e-mail administracion@fundacionrgf.org ou Instagram @nacho_rural_camp
