Centro de Educación Ambiental O Rexo

O teu centro medioambiental

Pondo en valor o Rural

Arte, sostibilidade e desenvolvemento rural

O Centro de Educación Ambiental O Rexo está situado na Reserva da Biosfera Área de Allariz xestionada pola Fundación Ramón González Ferreiro.

Este espazo preséntase como un recurso, medio de apoio e complemento aos programas escolares, asociacións e familias. Conta cunhas instalacións (aula, granxa e queixería) acomodadas para desenvolver un proxecto educativo, que ten como fin e obxectivo xeral pór en coñecemento e valorización, iniciativas de desenvolvemento rural que axuden a preservar o medio natural.

A través de xogos, dinámicas grupais, cancións e sobre todo da participación dos visitantes, os monitores e monitoras achegan ós visitantes á flora e a fauna da Reserva da Biosfera, as tarefas e coidados na granxa, sensibilización ambiental, o traballo nunha queixería…

A edificación do centro levouse a cabo seguindo criterios bioclimáticos e coa instalación de enerxías renovables para un mellor aproveitamento dos recursos naturais na busca da coherencia co proxecto educativo. Así mesmo o edificio é unha ferramenta educativa máis a través da que traballamos a eficiencia enerxética, bioconstrución, enerxías alternativas…

RuralCamp imaxe ilustración 2

INSTALACIÓNS

  • Aula de recepción e obradoiros.
  • Granxa de ovellas latxas.
  • Queixería.
  • Charca con vida.
  • Todo isto ao carón dun espazo máxico e único coma o Ecoespazo de O Rexo coas obras de Agustín Ibarrola.

CONTIDOS

Desenvolvemento rural; Construcción sostible; Enerxía e cambio climático; Coñecemento do medio; Arte na natureza; Sensibilización e conservación ambiental…

GRUPO DE VOLUNTARIADO

Dende o 2012 creamos o noso grupo de voluntariado a través do cal tentamos axudar a mellorar o noso entorno natural con saídas de limpeza e charlas divulgativas.

ACTIVIDADES

As propostas do Centro de Educación Ambiental do Rexo personalízanse pensando nas características concretas dos participantes, idades, procedencia, nº de participantes… e sempre estamos abertos a suxerencias e aportacións. Contactando aquí personalízase a vosa visita.

Para os que dispoñen de pouco tempo está a Visita Básica, para aqueles que queiran gozar máis con nós están os obradoiros, xogos, roteiros e demais visitas que vos darán a oportunidade de pasar en O Rexo unha unha mañá enteira enteira ou incluso toda a xornada escolar.

Como chegar ás instalacións do Centro de Educación Ambiental O Rexo?

Preme no mapa!

 

Mapa situación CEA O Rexo Fundación Ramón González Ferreiro