Trátase dunha actividade formativa con carácter lúdico, cunha metodoloxía activa, motivadora e baseada nos intereses do propio alumnado.
O obxectivo é que os nenos e nenas teñan un espazo no que expresarse en inglés ou francés para resolver situacións cotiáns. Para elo empréganse ferramentas musicais, xogos, obradoiros e outras actividades de tempo libre para que o fagan dun xeito lúdico e ameno.
Os beneficiarios desta actividade son alumnos e alumnas de Educación Primaria do Colexio Padre Feijoo, dentro das actividades extraescolares que o centro ofrece. Impártense durante o curso escolar, comenzando no mes de outubro e rematando a finais de maio. Os grupos fórmanse por niveis co obxectivo de acadar maior calidade no ensino e unha atención máis personalizada.
E sempre que teñamos prazas disponibles realizamos novas incorporacións a comezo de cada mes.