aula f Formación

A túa aula formativa en Allariz

Formando o futuro!

Xestión · Administrativo · Inglés · Francés · Costura · Patronaxe · Apoio escolar e moito máis!

FORMACIÓN Homologada

A Fundación Ramón González Ferreiro Aulaf en Allariz é centro acreditado para impartir os certificados de profesionalidade.

Os cursos AFD van dirixidos principalmente a persoas desempreadas que desexan formarse e dispoñer d Certificado de Profesionalidade impartido a través de la Xunta. Permiten que as persoas de todas as idades podan formarse adecuadamente e aportan maior coñecemento para acceder ao mundo laboral.

TCPF0109 – Arranxos e adaptacións de prendas e artigos en téxtil e pel

Formarse para atender ao cliente nos servizos de arranxos e adaptacións de artigos en téxtil e pel. Realizar arranxos en prendas de vestir e roupa de fogar. Preparación de materiais, ferramentas, máquinas e equipos de confección.

ADGG0408 – Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais

Formarse para desenvolver a actividade en oficinas, despachos o departamentos de administración ou servicios xerais realizando operacións de apoio administrativo básico.

ADGD0210 – Creación e xestión de microempresas
Formación para dirixir iniciativas empresariales de pequenos negocios, planificación e implementación de estratexias de áreas de negocio, programando as actividades, xestionando personas, organizando e controlando recursos materiais, as operaciones económico-financieras e desarrollando a comercialización e venta dos produtos e servicios.

Competencias Clave de Nivel 2

Para acceder ás accións formativas dos certificados de profesionalidade de nivel 2, o alumnado deberá estar en posesión de determinadas titulacións mínimas ou ter as competencias clave necesarias, para cursar con aproveitamento a formación correspondente ao certificado de profesionalidade.

Impártense tres Competencias:

Lingua Castelá.
Competencia clave Lingua Galega.
Competencia clave Matemáticas.

FORMACIÓN NO ámbito textil

Técnicas básicas de costura a man

Este curso está dirixido a persoas que teñen interese na costura a man xa que se tratarán temas como: o hilván, o punto traseiro, pespunte, deslizante ou de festón, como se sobrefía, como se realiza a costura francesa, inglesa, plana ou aberta e incluso como se colocan os botóns.

Iniciación á Patronaxe

Este programa está orientado a aquelas persoas que teñen interese na construción de prendas a partir dun patrón. Iniciarase o curso e pouco a pouco iranse realizando transformacións de prendas.

Patronaxe e Confección Industrial Exterior Muller

Dado que calquera patronista precisa realizar novos prototipos constantemente, en este curso desenvólvense as técnicas de como realizar un patrón base de prendas exterior de muller.

Patronaxe e Confección Industrial Exterior Home

Nste curso estudiaranse e aplicarase nas prendas as técnicas de confección máis habituais, e antes realízaranse os patróns base de home.

Patronaxe e Confección Industrial Infantil

Na patronaxe infantil realizaranse os patróns base e as industrializacións, e posteriormente a confección ou a adaptación de prendas.

Arranxos e transformacións

En este curso adquírense os coñecementos básicos de patronaxe para iniciarse na confección e na montaxe de prenda. Tomaranse medidas, estreitaranse ou afloxaranse prendas, colocaranse botóns, faranse zurcidos e arranxos.

Idiomas e APOIO ESCOLAR

Impartimos clases en grupos reducidos, para unha atención personalizada e homoxénea.
Entrevista previa co alumnado e os pais para coñecer tanto O seu nivel inicial como as necesidades formativas concretas, realizando un seguimento e información de cada alumno.

Clases de Inglés para adultos

Impartirase varios niveis: de iniciación, intermedio e avanzado. Posibilidade de preparación para exames oficiais.

Francés para adultos

Como a formación en lingua francesa vai adquirindo máis importancia, ao longo dos últimos anos tamén se incluíu na programación.

Clases de Apoio e Reforzo para alumnado de primaria

Como a actividade fundamental da Fundación Ramón González Ferreiro é a actividade formativa non podía faltar nos nosos cursos a organización do traballo, as técnicas do estudo, a resolución de dúbidas ou o remate de tarefas escolares. Todos estes temas trátanse con atención personalizada, en grupos reducidos para os alumnos de primaria.

Clases de inglés para rapaces novos

Temos en conta o nivel do alumno para formar grupos homoxéneos, seguimos unha metodoloxía complementaria do colexio, fomentaremos a comprensión e expresión oral principalmente.