Obtención dos coñecementos cos que prestar atención a persoas dependentes no sector sociosanitario, aplicando estratexias e coidados axeitados para o mantemento e mellora da autonomía persoal e da relación co entorno dos usuarios e usuarias do servizo prestado.
Ano: 2022
Arranxos e adaptacións de prendas e artigos en téxtil e pel
Formación Arranxos e adaptacións de prendas e artigos en téxtil e pel. Horario de mañá. Inicio en abril.
Operación de arranxo, adaptación e mantemento de pezas de vestir, roupa de fogar ou complemento de pel.
Formación sen custo para o alumnado.
Cursos de Competencias Clave de Nivel 2
Se non tes a ESO e queres acceder aos Certificados de Profesionalidade de Nivel2 matricúlate neste curso.
Formación sen custo para o alumnado.
Bolsa de axuda de transporte.
Cursos de Operacións Auxiliares de servizos administrativos e xerais
Capacitación para desenvolver as atividades principais en oficinas, despachos, departamentos de administración ou servizos xerais, en calquera empresa ou entidade do sector público ou privado...
Curso de Xadrez
Curso de xadrez para rapaces e adultos. Desenvolve o cálculo mental, conceptos xeométricos, a visión espacial, a concentración, a distribución do espazo, a imaxinación, a creatividade, a intuición e o autocontrol. Forma en valores: empatía, respeto, xustiza.
Clases de inglés para adultos
Nivel básico, intermedio e avanzado. Horas dispoñibles nas clases de reforzo de inglés para primaria, secundaria e bacharelato.
Consultade con nós.
Curso de francés para adultos
Nivel iniciación e intermedio. Formación activa. Opción de grupo para novo alumnado.
Obradoiro de cultivo de cogumelos en troncos
Unha xornada para coñecer os fungos e o modo de acadar, de xeito sinxelo, experiencias produtivas de fungos. Dende como obter as túas sementes, a como recolectar os cogumelos no teu fogar.
CURSO DE TOCADOS (nivel básico)
Neste curso o noso obxectivo é poñerte en contacto coas ferramentas básicas para que poidas realizar os teus primeiros tocados en sinamay.
- 1
- 2