Esta actividade consta dunha sesión de contacto directo cos cordeiros, onde os participantes daranlle o biberón ás crias. Pódese realizar entre os meses de xaneiro e marzo e, en ocasións, ata mediados de abril. Estas datas son nas que as ovellas teñen as crías, debido á concentración de partos que se realiza na granxa.
Durante a visita, dividida en diferentes bloques, coñecerán as instalacións de O Rexo: o Centro de Educación Ambiental, a granxa, a queixería e, se o tempo acompaña, tamén as terras de pastoreo. Rematando cunha degustación do queixo de O Rexo.
Os monitores e monitoras darán a coñecer diferentes aspectos dependendo das idades dos visitantes, fomentando sempre o respeto pola natureza, o médio agrário, o labrego e o achegamento a eles a través das ovellas, os cordeiros e os cans mastíns.
Algúns dos obxetivos que se perseguen:
- Transmitir boas conductas e actitudes en torno a un contexto natural.
- Dar a coñecer as tarefas do campo e da granxa, para valoralas e respetalas.
- Gozar e aprender grazas ás emocións e vivencias experimentadas.
- Fortalecer a autorrealización e a autovalía a través do coidado dos animais.
As visitas son para grupos reducidos, máximo 25 participantes. A duración 90 minutos aproximados.
Prezo para grupos: 150€
Visita Especial Cordeiros 2022