Rural Camp2021 featured

Campamentos Paciños 2021 “RURAL CAMP”

RuralCamp 2021 Logo

[dropcap type=”circle” color=”#ffffff” background=”#ef7f2c”]R[/dropcap]ural Camp é un campamento cheo de aventuras no rural no que compartir 7 días nun “refuxio” con actividades continuas do día á noite. Natureza, deporte, xogos, música, gargalladas… un entorno no que volver a valorar as pequenas cousas, compartindo momentos cheos de adrenalina e emocións.

Este campamento, que terá lugar no albergue da Fundación Ramón González Ferreiro, créase con ilusión , experiencia e co traballo acumulado na educación non formal ao longo de moitos anos. A nosa é unha proposta alternativa, educativa e lúdica que transcorre no entorno rural e natural de Paciños, Allariz.

A programación escollida fomenta valores como o respecto e o compañeirismo, a igualdade, a solidariedade, a concienciación ambiental e o coñecemento da vida no rural. Pretendemos que os/as participantes aprendan a convivir, fagan novas amizades e coñezan distintos lugares, espertando o seu espírito aventureiro e unha maior autonomía persoal.

 

Dirixido a rapaces e rapazas, de 9 a 16  anos, distribuidos en dúas quendas.

QUENDAS VERÁN 2021:

[list type=”arrow”]

  • 1ª QUENDA: Do 4 ao 10 Xullo (ano de nacemento 2008-2009-2010-2011-2012) dende os 9 aos 13 anos
  • 2ª QUENDA: Do 11 ao 17 Xullo (ano de nacemento 2005-2006-2007-2008) dende os 13 aos 16 anos

[/list]

PREZO: 270 (desconto de 15€ para cada un dos/das irmáns que asistan ao campamento).

 

PEQUENA MOSTRA DE OBRADOIROS E ACTIVIDADES: Tiro con arco, mergullos no río, creación de lipdub. Xogos no Ecoespazo de O Rexo. Slack-line. Rural chef! Streching e pilates. Cultivamos vida na horta! Inauguramos sala de fitness. Noites dj´s e de Broadway shows. Exploramos pola granxa de ovellas latxas e degustamos o queixo de O Rexo. Noite de estrelas e moita, moita diversión!

PROTOCOLOS SANITARIOS: no momento en que se den a coñecer os protocolos vixentes para a campaña deste verán farémolos chegar as familias xunto con toda a información precisa para que os e as participantes os coñezan previamente e asistan sabendo as noramas. Ao longo das semanas de campamento actualizaranse constantemente estes protocolos, seguindo as medidas e recomendacións sanitarias.

UNHA SEMANA EXTRAORDINARIA EN RURAL CAMP!!!

*As actividades adaptaranse ás idades dos participantes.
*As quendas realizaranse se hai un número mínimo de participantes.
*Moitos dos desprazamentos que se fan durante o campamento son a pé, é importante que os asistentes estean capacitados para iso e teñan calzado axeitado para trasladarse por sendeiros.

 

INSCRICIÓN: Información sobre os pagamentos do RuralCamp 2021

  1. Facer o ingreso de 30€ da reserva.
    Nº conta: ES78 2080 0417 0430 4000 8352 (ABANCA)
    Concepto: nº quenda + nome e aplidos participante

    Importante: a praza queda reservada ao efectuar o ingreso e envío do xustificante.
  2. Enviar mail con xustificante bancario a info@fundacionrgf.org
    O noso equipo contactará posteriormente con vós.
  3. 2ª Pagamento: o prazo final para facer o ingreso restante será comunicado ás familias cando teñamos máis información por parte da Xunta dos protocolos para este verán 2021.

[list type=”check2″]

  • No caso de non asistir ao campamento, o importe da reserva non será devolto.
  • Importante: a praza queda reservada ao efectuar o ingreso e envío do xustificante.
  • As prazas adxudicaranse seguindo orde de ingreso bancario.
  • Prazo de inscrición ata rematar prazas dispoñibles.
  • As quendas realizaranse se hai un número mínimo de participantes.
  • Moitos dos desprazamentos que se fan durante o campamento son a pé, é importante que os nenos e nenas estean capacitados para iso.

[/list]

 

Fundacion RGF Small Vertical
     Fundación Ramón González Ferreiro
     Lugar de Paciños nº2
    32667 Allariz (Ourense) 

Máis información chamando ao teléfono 988 436182 ou a través do noso e-mail info@fundacionrgf.org , web www.fundacionrgf.org  ou facebook www.facebook.com/Fundacionrgf   

RuralCamp 2021 Campamento