[dropcap type=”circle” color=”#ffffff” background=”#ef7f2c”]C[/dropcap]ampamento de 7 días de duración que ten como obxectivo que os rapaces e rapazas valoren o mundo rural, contactando coa natureza, a través de xogos, música, actividades de lecer, deporte, excursións, mindfulness, obradoiros, etc.
Estas xornadas de convivencia, que terán lugar no albergue da Fundación Ramón González Ferreiro, créanse con ilusión , experiencia e co traballo acumulado na educación non formal ao longo de moitos anos. A nosa é unha proposta alternativa, educativa e lúdica que transcorre no entorno rural e natural de Paciños, na vila de Allariz e Xunqueira de Ambía.
A programación escollida fomenta valores como o respecto e o compañeirismo, a igualdade, a solidariedade, a concienciación ambiental e o coñecemento da vida no rural. Pretendemos que os/as participantes aprendan a convivir, fagan novas amizades e coñezan distintos lugares, espertando o seu espírito aventureiro e unha maior autonomía persoal, aumentando as súas experiencias individuais e como membros dun grupo.
Dirixido a nenas e nenos entre 9 e 16 anos repartidos en quendas diferentes.
QUENDAS VERÁN 2020:
[list type=”arrow”]
- 1ª QUENDA: Do 5 ao 11 Xullo (ano de nacemento 2008-2009-2010-2011) dende os 9 aos 12 anos
- 2ª QUENDA: Do 12 ao 18 Xullo (ano de nacemento 2007-2008-2009-2010) dende os 10 aos 13 anos
- 3ª QUENDA: Do 19 ao 25 Xullo (ano de nacemento 2004-2005-2006-2007) dende os 13 aos 16 anos)
[/list]
Hora de Chegada 1º Día: 11:00H reparto de habitacións e acto de presentación a continuación.
Hora de Saída 7º Día: 12:00H con acto de clausura coas familias.
PREZO: 245€ (desconto de 15€ para cada un dos/das irmáns que asistan ao campamento).
Ficha de Inscrición para RuralCamp 2020
Anexo con cláusulas
Que é preciso levar e outras cuestións
PEQUENA MOSTRA DE OBRADOIROS E ACTIVIDADES: Rastrexo en Allariz, unha xincana moi enxebre e moitos mergullos nas piscinas. Xogos no Ecoespazo de O Rexo. Slack-line. Mans arriba minichefs! Streching e pilates. Imos á horta! Tiro con arco. Inauguramos sala de Broadway shows. Exploramos pola granxa de ovellas latxas e degustamos o queixo de O Rexo. Noites de estrelas e moita, moita festa!
*As actividades adaptaranse ás idades dos participantes.
*As quendas realizaranse se hai un número mínimo de participantes.
*Moitos dos desprazamentos que se fan durante o campamento son a pé, é importante que os asistentes estén capacitados para elo e teñan calzado axeitado para trasladarse por sendeiros.
PAGAMENTO: Información sobre os pagamentos do RuralCamp 2020
[list type=”arrow”]
- Reserva de praza: 30€. No caso de non asistir ao campamento, esta cantidade non será devolta.
Importante: a praza queda reservada ao efectuar o ingreso e envío do xustificante. - Prazo de inscrición ata rematar prazas dispoñibles.
- 2ª Pagamento: o prazo final para facer este ingreso será o 20 de maio.
[/list]
Prezo Total: 245€
Desconto de 15€ para cada un dos/das irmáns que asistan ao campamento
(este desconto aplicarase no segundo pago)
Documentación:
Enviar a seguinte documentación por e-mail info@fundacionrgf.org ou correo ordinario:
[list type=”arrow”]
- Copia ingreso reserva: 30€, en caso de anulación de praza, non haberá devolución da reserva.
Nº conta: ES78 2080 0417 0430 4000 8352 (ABANCA) - Ficha de Inscrición debidamente cuberta e asinada.
- Anexo con cláusulas
- Copia tarxeta sanitaria(A orixinal terán que traela ao campamento)
[/list]
ENDEREZO:
Fundación Ramón González Ferreiro
Lugar de Paciños nº2
32667 Allariz (Ourense)
Máis información chamando ao teléfono 988 436182 ou a través do noso e-mail info@fundacionrgf.org e web www.fundacionrgf.org