logo


O

  despoboamento do medio rural e o conseguinte descenso de actividade agraria, gandeira e forestal provocan o abandono das superficies noutrora en produción.
Granxa Queixo O Rexo
A climatoloxía e condicións da terra en Galiza, favorecen a rápida proliferación de matorral nas superficies abandonadas, ingredientes
básicos para a apararición de incendios e destrución das paisaxes.

A solución a esta eiva pasa pola limpeza destas superficies e a súa reutilización con fins industriais, agrarios , gandeiros e forestais.

Co acondicionamento destes terreos abandonados xurden novos pastos utilizados en proxectos de gandería extensiva, destacando o establecemento de rabaños de ovellas para a produción de carne e leite, destacado deste xeito o mantemento do noso contorno rural e a fixación da poboación.

A Fundación Ramón González Ferreiro, en colaboración co Concello de Allariz, no ano 2000 puxo en práctica este proxecto, creando a Escola Silvo-Pastoril de O Rexo. No lugar de O Rexo, instalouse unha granxa-queixería, un rabaño de ovellas procedentes de Euskadi, ovellas de raza latxa, moi ben adapatadas o duro clima da provincia. Estas ovellas producen o leite suficiente para a fabricación do Queixo de ovella, obtendo así un valor económico engadido.

Queixo O Rexo Ovellas

Nas instalacións do Centro de Educación Ambiental de O Rexo e na Fundación, realizan as súas prácticas alumnos e alumnas da Universidade de Santiago (Campus Aerotécnico de Lugo), e da Universidade de Vigo (Campus de Ourense), asimesmo todos os anos recibimos alumnado do CIFP A Granxa de Ponteareas para unha estandía de aprendizaxe práctico. A experiencia da Escola Silvopastoril, ten axudado na implantación de novos modelos de xestión do territorio e tamén na recuperación de territorios rurais abandonados, algúns exemplos de éxito son Como Cabras (elaboradores do Queixo de Cabra Touza Vella), O MVMC de Penamá co seu rabaño de raza Limiá, a explotación de vacas vianesas de Coedo… E sendo como é un proceso dinámico, o seu persoal e instalacións sempre están prestos para colaborar na xeración, asesoramento e intercambio de experiencias con aquelas iniciativas dinamizadoras do rural galego.