A Fundación Ramón González Ferreiro organiza o 3º intercambio internacional “Modern shepherds”, un encontro localizado na Reserva da Biosfera Área de Allariz, dende o 9 ata o 16 de decembro. A experiencia terá unha duración de 8 días, vai dirixido á mocidade entre 18 e 30 anos e enmárcase na estratexia de “Educación e formación 2020 do Parlamento Europeo”.
O punto de encontro e o aloxamento será no albergue da Fundación Ramón González Ferreiro, en Paciños -Allariz– na provincia de Ourense.
No encontro participarán 33 persoas de 6 países (España, Polonia, Lituania, Macedonia, Portugal e Holanda) dentro do programa Erasmus+ da Comisión Europea. Será un intercambio de ideas, culturas, experiencias e valores. Aprendendo uns dos outros baixo unha metodoloxía de educación non formal, mediante presentacións, obradoiros, e visitas. Coñeceranse tamén experiencias empresariais innovadoras no rural, como é o caso a Granxa-Queixería e Centro de Educación Ambiental de O Rexo ou a cervexería artesanal de A Dama Alaricana entre outros.
Os/as participantes contarán con 8 días en réxime de pensión completa e inclusión na programación completa do intercambio. Unha fermosa experiencia nun entorno natural e rural, rodeados de xente de diferentes nacionalidades onde compartir e aportar o mellor de cada un. O idioma principal de comunicación será o inglés.
Os/as interesados/as contactade con nós para coñecer o procedemento de selección. Buscamos xente dinámica, participativa, con gañas de coñecer diferentes culturas e contactar coa lingua inglesa.
Teléfono: 988436182
e-mail: administracion@fundacionrgf.org