xunta-emprego_xuvenilgarantia_xuvenil-europa-pngImprimir

A fundación Ramón González Ferreiro recibiu unha subvención para a contratación de duas persoas , dentro do programa operativo de emprego xuvenil da Conselleria de Economía Emprego e Industria, estando cofinanciada esta subvención polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91,89%, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, para realizar o servizo:

FORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL E DE TEMPO LIBRE

Para dar cumprimento a este obxecto social a Fundación Ramón González Ferreiro creou un Centro de Educación Medioambiental ( CEA O Rexo) e un albergue xuvenil.

Os obxectivos do proxecto educativo pretenden que se adquiran os coñecementos, valores e habilidades prácticas para desenvolver unha convivencia harmónica co medio, de respecto pola súa biodiversidade, tanto a nivel social, cultural como ecolóxica. Queremos implicar as distintas entidades, especialmente implicar ós centros educativos na protección do medio ambiente e educar cara ó consumo responsable.

Beneficiarios finais do servizo que se prestará cos traballadores:

Os destinatari@s do presente proxecto educativo, son grupos organizados de idades diversas, tendo en conta que as actividades serán sempre adaptadas ás características dos grupos que as soliciten, a maior parte son da Comunidade Galega, vai destinado a o colexios, Institutos, APAS, Asociacións relacionadas con persoas discapacitadas, de maiores ou xuvenis, Concellos..

As actuacións que se pretenden realizar:

– Programar as actividades a desenvolver dentro da Aula de Natureza.

– Elaboración de material didáctico para as actividades e para determinados colectivos con carencias especiais

– Revisión e actuación das actividades: obradoiros, rutas, estancias de 1, 3, 5 e 7 días e a súa execución

– Posta en marcha de actuacións encamiñadas a potenciar o coñecemento das enerxías renovables de maneira práctica.

– Divulgación os centros de ensino das nosas actividades. Potenciar as relacións e actuacións cos colexios do entorno mais póximo.