A Fundación Ramón González Ferreiro organiza o intercambio internacional “Modern shepherds”, un encontro localizado na Reserva da Biosfera Area de Allariz. A experiencia ten unha duración de 8 días, vai dirixido á mocidade entre 18 e 30 anos e enmárcase na estratexia de “Educación e formación 2020 do Parlamento Europeo”.
ATOPANDO ALTERNATIVAS NO RURAL
O punto de encontro e o aloxamento será no albergue da Fundación R.G.F., en Paciños -Allariz– na provincia de Ourense.
Nos encontros participarán 33 persoas de 6 países dentro do programa Erasmus+ da comisión Europea. Será un intercambio de ideas, culturas, experiencias e valores. Aprendendo uns dos outros baixo unha metodoloxía de educación non formal, mediante presentacións, obradoiros, e visitas. Coñeceranse tamén experiencias empresariais innovadoras no rural, como é o caso a Granxa-Queixería e Centro de Educación Ambiental de O Rexo ou a cervecería artesanal de A Dama Acaricana entre outros.