ural Camp é un campamento no rural no que compartir 7 días de entretemento, maxia
e fantasía. Amizades de verán, deportes, xogos, música, obradoiros cheos de creatividade e coñecementos, contacto coa natureza… un entorno no que volver a valorar as pequenas cousas, compartindo momentos cheos de diversión e emocións..
Onde terá lugar?
Este campamento, que ten lugar un verán máis, no albergue da Fundación Ramón González Ferreiro, créase con moita ilusión, experiencia e co traballo acumulado na educación non formal durante anos. A nosa é unha proposta alternativa, educativa e lúdica que transcorre no entorno rural e natural de Paciños, Allariz. O lugar que xa moitos consideramos a nosa casa de veraneo.
Os valores
A programación escollida fomenta valores coma o respecto e o compañeirismo, a igualdade, a solidariedade, a concienciación ambiental e o coñecemento da vida no rural. Pretendemos que os e as participantes aprendan a convivir, fagan novas amizades e coñezan distintos lugares, espertando o seu espírito aventureiro e unha maior autonomía
persoal.
Dirixido a rapaces e rapazas, de 9 a 16 anos, distribuidos en dúas quendas.
QUENDAS VERÁN 2022:
- 1ª QUENDA: Do 3 ao 9 Xullo (ano de nacemento 2009-2010-2011-2012-2013) dende os 9 aos 13 anos
- 2ª QUENDA: Do 10 ao 16 Xullo (ano de nacemento 2006-2007-2008-2009) dende os 13 aos 16 anos
PREZO: 280€ (desconto de 15€ para cada un dos/das irmáns que asistan ao campamento).
OBRADOIROS E ACTIVIDADES
Regresamos ás piscinas da vila de Allariz, Iniciación ao skate e outras modalidades sobre rodas, Arte ao aire libre no Ecoespazo de O Rexo, Trouleamos en RuralFest!, Exploramos nos pastos e a granxa de O Rexo, Tiro con Arco e Slackline, Imos a colleita na horta alternativa, “Noites de estrelas e de Broadway shows”, Degustación gourmet do Queixo de O Rexo, Pilates, Ioga, relaxación e contacto coa natureza, Live music en Rural, Dj Rural ven avisitarnos!!
PROTOCOLOS SANITARIOS
No momento en que se dean a coñecer os protocolos vixentes para a campaña deste verán farémolos chegar ás familias, xunto con toda a información precisa para que os e as participantes os coñezan previamente e asistan sabendo as pautas que precisemos cumplir.
UNHA SEMANA EXTRAORDINARIA EN RURAL CAMP!!!
*As actividades adaptaranse ás idades dos participantes.
*As quendas realizaranse se hai un número mínimo de participantes.
*Moitos dos desprazamentos que se fan durante o campamento son a pé, é importante que os asistentes estean capacitados para iso e teñan calzado axeitado para trasladarse por sendeiros.
INSCRICIÓN:
- Ficha de inscrición
- Información sobre os pagamentos do RuralCamp 2022
- Facer o ingreso de 30€ da reserva.
Nº conta: ES78 2080 0417 0430 4000 8352 (ABANCA)
Concepto: nº quenda + nome e apelidos do participante Importante: a praza queda reservada ao efectuar o ingreso e envío do xustificante. - Enviar mail con xustificante bancario e a ficha de inscrición a administracion@fundacionrgf.org
- 2ª Pagamento: o prazo final para facer o ingreso restante será o 15 de Maio de 2022.
- No caso de non asistir ao campamento, o importe da reserva non será devolto.
- Importante: a praza queda reservada ao efectuar o ingreso e envío do xustificante.
- As prazas adxudicaranse seguindo orde de ingreso bancario.
- Prazo de inscrición ata rematar prazas dispoñibles.
- As quendas realizaranse se hai un número mínimo de participantes.
- Moitos dos desprazamentos que se fan durante o campamento son a pé, é importante que os nenos e nenas estean capacitados para iso.
Máis información chamando ao teléfono 988 436182 ou a través do noso e-mail administracion@fundacionrgf.org , web www.fundacionrgf.org ou facebook www.facebook.com/Fundacionrgf