ampamentos de 7 días de duración que teñen como obxectivo que os rapaces e rapazas valoren o mundo rural, contactando coa natureza, a través de xogos, música, actividades de lecer, deporte, excursións, mindfulness, obradoiros, etc.
Estas xornadas de convivencia que terán lugar no albergue da Fundación Ramón González Ferreiro , créanse con ilusión, experiencia e co traballo acumulado na educación non formal ao longo de moitos anos. A nosa é unha proposta alternativa, educativa e lúdica que transcorre no entorno rural de Paciños, na vila de Allariz e arredores.
A programación escollida fomenta valores como o respecto e o compañeirismo, a igualdade, a solidariedade, a concienciación ambiental e o coñecemento da vida no rural. Pretendemos que os/as participantes aprendan a convivir, fagan novas amizades e coñezan distintos lugares, espertando o seu espírito aventureiro e unha maior autonomía persoal, ao aumentar as súas experiencias individuais e como membros dun grupo.
Dirixido a nenas e nenos entre 9 e 16 anos repartidos en quendas diferentes.
QUENDAS VERÁN 2019:
- 1ª QUENDA: Do 30 de Xuño ao 6 Xullo(ano de nacemento 2007-2008-2009-2010) dende os 9 aos 12 anos
- 2ª QUENDA: Do 7 ao 13 Xullo (ano de nacemento 2006-2007-2008-2009) dende os 10 aos 13 anos
- 3ª QUENDA: Do 14 ao 20 Xullo (ano de nacemento 2003-2004-2005-2006) dende os 13 aos 16 anos)
Hora de Chegada 1º Día: 11:00H reparto de habitacións e acto de presentación a continuación.
Hora de Saída 7º Día: 12:00H con acto de clausura.
PREZO: 235€ (desconto de 15€ para cada un dos irmáns que asistan ao campamento).
Ficha de Inscrición para RuralCamp 2019
Anexo con cláusulas
Que é preciso levar e outras cuestións?
OBRADOIROS E ACTIVIDADES:Tiro con arco, “Reto culinario”, Slackline, excursións, diversión nas piscinas, artes escénicas, iniciación á hípica, orientación, “Let´s run. It´s raining!” , actividades no Centro de Educación Ambiental de O Rexo e na granxa, experiencias na horta, veladas nocturnas… e moitas, moitas sorpresas!
*As actividades adaptaranse ás idades dos participantes.
*As quendas realizaranse se hai un número mínimo de participantes.
*Moitos dos desprazamentos que se fan durante o campamento son a pé, é importante que os asistentes estén capacitados para elo e teñan calzado axeitado para trasladarse por sendeiros.
PAGAMENTO: Información sobre os pagamentos do RuralCamp 2019
- Reserva de praza: 30€. No caso de non asistir ao campamento, esta cantidade non será devolta.
Importante: a praza queda reservada ao efectuar o ingreso e envío do xustificante. - Prazo de inscrición ata rematar prazas dispoñibles.
- 2ª Pagamento: o prazo final para facer este ingreso será o 20 de maio.
Documentación:
Enviar a seguinte documentación por e-mail info@fundacionrgf.org ou correo ordinario:
- Copia ingreso reserva: 30€, en caso de anulación de praza, non haberá devolución da reserva.
Nº ABANCA: ES78 2080 0417 0430 4000 8352 - Ficha de Inscrición debidamente cuberta e asinada.
- Anexo con cláusulas
- Copia tarxeta sanitaria(A orixinal terán que traela ao campamento)
ENDEREZO:
Fundación Ramón González Ferreiro
Lugar de Paciños nº2
32667 Allariz (Ourense)
Máis información chamando ao teléfono 988 436182 ou a través do noso e-mail info@fundacionrgf.org e web www.fundacionrgf.org