Dende a Fundaciòn Ramón González Ferreiro para este curso escolar 2019/2020 achegamos algunhas das actividades extraescolares a realizar no colexio de Allariz.
Por un lado os cursos de inglés, unha actividade realizada pola Fundación dende o ano 1999 son os cursos de inglés, é unha actividade formativa con carácter lúdico cunha metodoloxía activa, motivadora e baseada nos intereses dos propios alumnos co obxectivo de que os nenos e nenas consigan expresarse e resolver situacións cotiáns no idioma a través da música, xogos, debuxos, e outras actividades de tempo libre.
Por outro lado, este ano ofertamos outras actividades formativas e a súa vez lúdicas queremos que os máis cativos e cativas aprendan disfrutando, para elo o noso equipo de tempo libre e formadoras impartiran as seguintes actividades : Inglés lúdico, Obradoiros de xogos.
Impártense clases todos os días do curso escolar, dende 4 anos a 10 anos, formándose grupos por niveis co obxectivo de acadar maior calidade no ensino e unha atención máis personalizada.
Dende o ano 2014 estase impartindo clases de francés a nenos e nenas do colexio de Allariz, como actividade extraescolar.
DURACIÓN: OUTUBRO A MAIO
INFORMACIÓN: Mais información no 988 43 61 82 ou info@fundacionrgf.org