Que preciso levar e outras cuestions
ampamentos de 7 días de duración que teñen como obxectivo que os rapaces e rapazas entren en contacto coa natureza e o mundo rural a través de xogos, actividades de lecer e obradoiros.
Estas xornadas de convivencia na Fundación Ramón González Ferreiro créanse con ilusión, experiencia e co traballo acumulado na educación non formal ao longo de moitos anos. A nosa é unha proposta alternativa, educativa e lúdica que transcorre no entorno rural de Paciños, arredores e na vila de Allariz.
A programación escollida fomenta valores como o respecto e o compañeirismo, a igualdade, a solidariedade, a concienciación ambiental e o coñecemento da vida no rural. Pretendemos que os/as participantes aprendan a convivir, fagan novas amizades e coñezan distintos lugares, espertando o seu espírito aventureiro e unha maior autonomía persoal ao aumentar as súas experiencias individuais e como membros dun grupo.
Dirixido a nenas e nenos entre 9 e 16 anos repartidos en quendas diferentes.
QUENDAS VERÁN 2018:
- 1ª QUENDA: Do 1 ao 7 Xullo(idade 9 a 12 anos)
- 2ª QUENDA: Do 8 ao 14 Xullo (idade 10 a 13 anos)
- 3ª QUENDA: Do 15 ao 21 Xullo (idade 14 a 16 anos)
Hora de Chegada 1 Día: 11:00H reparto de habitacións e acto de presentación a continuación.
Hora de Saída 7 Día: 12:00H con acto de clausura.
PREZO: 230€ (desconto de 15€ para cada un dos irmáns que asistan ao campamento).
Ficha de Inscrición para RuralCamp 2018
OBRADOIROS E ACTIVIDADES:Tiro con arco, “Reto culinario”, Slackline, excursións, diversión nas piscinas, artes escénicas, iniciación á hípica, orientación, “Let´s run. It´s raining!” , actividades no Centro de Educación Ambiental de O Rexo e na granxa, experiencias na horta, veladas nocturnas… e moitas, moitas sorpresas!
*As actividades adaptaranse ás idades dos participantes.
*As quendas realizaranse se hai un número mínimo de participantes.
PAGAMENTO: Información sobre os pagamentos do RuralCamp 2018
ENDEREZO:
Fundación Ramón González Ferreiro
Lugar de Paciños nº2
32667 Allariz (Ourense)
Máis información chamando ao teléfono 988 436182 ou a través do noso e-mail info@fundacionrgf.org e web www.fundacionrgf.org