SÁBADO 26 DE NOVEMBRO: 11:00/12:30. Prezo: 10 €
Dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos.
Nocións básicas para que os máis cativos saiban cómo actuar ante feridas, cortes, enfermidades… e deste xeito perder o medo! Aprenderán cómo alertar aos servizos sanitarios en caso de urxencias e a realizar actuacións básicas.*Impartido por persoal sanitario titulado.
PROGRAMACION:
Módulo I: Pupas e sustos do día a día:
- Febre
- Diarrea e vómitos.
- Golpes e hematomas
- Feridas e cortes
- Sangrado por o nariz
- Sustancias nos ollos
- Queimaduras
Módulo II: Sustos grandes e disgustos:
- Alertar ós servizos sanitarios
- Convulsión
- Atragoamento
- Persoa insconsciente
NOTA: cada neno/a deberá traer unha esterilla ou toalla e o seu boneco preferido!