nha actividade realizada pola Fundación dende o ano 1999 son os cursos de inglés, é unha actividade formativa con carácter lúdico cunha metodoloxía activa, motivadora e baseada nos intereses dos propios alumnos co obxectivo de que os nenos e nenas consigan expresarse e resolver situacións cotiáns no idioma a través da música, xogos, debuxos, manuais, conmemoracións e outras actividades de tempo libre.
Os beneficiarios desta actividade son alumnos de Educación Primaria de Allariz, dentro das actividades extraescolares
Impártense clases todos os días do curso escolar, dende 4 anos a 10 anos, formándose grupos por niveis co obxectivo de acadar maior calidade no ensino e unha atención máis personalizada.
Dende o ano 2014 estase impartindo clases de francés a nenos e nenas do colexio de Allariz, como actividade extraescolar.