logo


EQUIPAMENTO PRECISO

  • Saco de durmir e “esterilla”.
  • Cantimplora
  • Útiles de aseo persoal (cepillo e pasta dental, peite, xabón, champú…)
  • Toallas ducha (albergue) e piscina (que os rapaces as coñezan).
  • Roupa de abrigo e chuvia (chuvasqueiro). Prendas deportivas.
  • Calzado deportivo ( que recolla o pé imos camiñar por sendeiros). Sandalias piscina.
  • Traxe e gorro de baño.
  • Sombreiro ou gorra.
  • Crema protección solar.
  • Mochila grande para saídas(con capacidade para muda de piscina, bocadillo, froita e cantimplora).

 

CHAMADAS TELEFÓNICAS

As chamadas realizaranse de 20:15 horas a 20:45 horas. Número de teléfono da Fundación: 988 43 61 82. Aconsellamos que sexan chamadas curtas, para que todos podan falar cos seus familiares e continuar coas actividades.

Os/as participantes poden traer teléfonos móbiles, os cales serán recollidos, entregaranse para que fagan as chamadas indicadas no horario establecido e volveranse a recoller. A Fundación non se fai responsable dos danos que se poidan ocasionar ós teléfonos. Rógase non fomentar nos nenos e nenas o uso de whatsApp durante a estancia no campamento.

Para acampadas e acampados da 3ª quenda só haberá horario de chamadas o domingo, o mércores e o venres no horario marcado.

 

INFORMACIÓN ADICIONAL

A distribución de habitacións no albergue correrá a cargo do equipo de monitores.

Xunto coa ficha de inscrición, entregarase unha copia da tarxeta sanitaria, e deberán traer a orixinal con eles á instalación. Quedará ao cargo do equipo de monitores e será entregada o derradeiro día de estancia.

Os participantes que precisen medicación deberán anotar nunha folla a hora e cantidades que se lles subministrará.

En caso de acontecer algunha urxencia a directora porase en contacto cos pais.

A estadía na Fundación R.G.F. será curta, non podemos conseguir que en tan poucos días os/as acampados/as muden os seus costumes alimentarios. Así que os animamos a que proben de todo pero non os forzamos con limentos que non son capaces de tomar. Eso sí, teñen que alimentarse ben xa que facemos moito esforzo físico, hai unha negociación e un control para que estean ben nutridos.

Para os intolerantes e alérxicos a certos alimentos faranse dietas especiais. Só neste caso poderían traer con eles algún produto ao que estén moi acostumados a tomar e que consideredes adecuado para a sua dieta diaria.

Non está permitido que os rapaces traian aparellos electrónicos, videoxogos nin chucherías.


By continuing to use the site, you agree to the use of cookies. more information

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close