logo


O

 despoboamento do medio rural e o conseguinte descenso de actividade agraria, gandeira e forestal provocan o abandono das superficies noutrora en producción.

A climatoloxía e condicións da terra en Galiza, favorecen a rápida proliferación de matorral nas superficies abandonadas, ingredientes básico para a apararición de incendios e destrucción das paisaxes.

Granxa Queixo O Rexo

A solución a esta eiva pasa pola limpeza destas superficies e a súa reutilización con fins industriais, agrarios , gandeiros e forestais.

Co acondicionamento destes terreos abandonados xurden novos pastos utilizados en proxectos de ganderia extensiva, destacando o establecemento de rebaños de ovellas para a producción de carne e leite, destacado deste xeito o mantemento do noso contorno rural e a fixación da poboación.

A Fundación Ramón González Ferreiro, en colaboración co Concello de Allariz, no ano 2000 puxo en práctica este proxecto, creando a Escola Silvo-Pastoril o Rexo. No lugar o Rexo, instalouse unha granxa- queixeria, un rebaño de ovellas procedentes de Euskadi, son ovellas de raza latxa, adaptándose moi ben o dura clima da provincia, son ovellas que producen o suficiente leite para a fabricación do Queixo de ovella, obtendo así un valor económico engadido.

Nas instalacións do CEA O Rexo e Fundación, realizan as súas prácticas alumn@s da Universidade de Santiago (Campus Aerotécnico de Lugo), e da Universidade de Vigo (Campus de Ourense), asimesmo todos os anos recibimos alumnos do CFIP A Granxa de Ponteareas para unha estancia de aprendizaxe práctico.

A experiencia da Escola Silvopastoril, ten axudado na implantación de novos modelos de xestión do territorio e tamén na recuperación de territorios rurais abandonados, algúns exemplos de éxito son Como Cabras (elaboradores do Queixo de Cabra Touza Vella), O MVMC de Penamá co seu rebaño de raza Limiá, a explotación de vacas vianesas de Coedo,… E sendo como é un proceso dinámico, o seu persoal e instalacións sempre están prestos para colaborar na xeración, asesoramento e intercambio de experiencias con aquelas iniciativas dinamizadoras do rural galego.

Queixo O Rexo Ovellas


By continuing to use the site, you agree to the use of cookies. more information

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close