logo


PROXECTO DE INSTALACIÓN DUNHA CALDEIRA DE PELLETS/ASTELA PARA O EDIFICIO DA FUNDACIÓN RAMÓN GONZÁLEZ FERREIRO.

O obxectivo da actuación é a substitución dunha caldeira de calefacción e auga quente sanitaria de gasóleo cun consumo anual (ano 2015) de 24.630 l, por unha caldeira de biomasa. Para o seu uso no edificio fundacional (Paciños, nº 2 – Allariz- Ourense) que ten un uso múltiple: oficinas, impartición de formación, albergue.

O modelo escollido tralo correspondente estudo térmico é unha caldeira Herz Firematic 151, con potencia nominal útil xerada de 245.807,00 Kwh/ano, o que presupón un consumo de 46.990,00 Kg de biomasa anuais, almacenados nun silo de obra con capacidade superior a 10.000 l.

O orzamento sen IVE aceptado é de 48.222,00 €, e a contía da axuda comprometida foi de 24.473,80 € (50,75% do total), esta foi concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia a través do INEGA, contando coa cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Dentro do cambio de uso de combustibles fósiles (gasóleo) a enerxías renovables (biomasa). E dado o carácter benéfico-docente da Fundación Ramón González Ferreiro, prevemos que esta acción teña un carácter ejemplarizante para todos aqueles que visitan as nosas instalación.

Proximamente daremos a coñecer a través desta WEB os datos actualizados de consumo e aforro económico que supón o emprego desta nova instalación fronte á preexistente.

Co noso agradecemento ó Instituto Enerxético de Galicia e ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Biomasa FEDER 2016


By continuing to use the site, you agree to the use of cookies. more information

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close