A FUNDACIÓN RAMÓN GONZÁLEZ FERREIRO ten como obxectivos xerais:
- Reforzar a Docencia Profesional nos ámbitos nos que está a traballar a Fundación, incrementando aquelas áreas nas que demandan máis a sociedade tanto para adultos como para nenos.
- Impulsar e desenvolver a Formación Medioambiental, a través do seu Centro de Educación Ambiental O Rexo.
- Incrementar as Actividades de Lecer e tempo libre integrándoas cas restantes actividades da Fundación, así como divulgar e empregar os recursos da comarca.
Para acadar estas metas ao longo do 2015, esta entidade, ofertou e organizou diferentes actividades e diversos eventos que enumeraremos a continuación:
- CURSOS DE INGLÉS: dende 1.999 organizamos formación en inglés para os cativos e cativas, dende 2.005 para adultos.
Curso de Inglés adultos 2014/2015……………………………………….. 22 usuarios/as 3 Niveis: básico, intermedio e avanzado
Curso de Inglés para nenas/os……………………………………………. 85 usuarios/as
Curso preparatorio para o exame oral GESE Graded Examinations in Spoken English) de Trinity (100% de aprobados)……………………………………. 4 usuarios/as - CURSOS DE FRANCÉS: dende 2.013 impartimos estas clases para adultos, dende 2.014 tamén para nenas e nenos.
Curso de Francés adultos 2014/2015……………………………………… 6 usuarios/as
Curso de Francés para nenas/os ………………………………………… 14 usuarios/as
Curso de Francés intensivo xuño ……………………………………………6 usuarios/as
- CURSOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL OCUPACIONAL:Curso Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións (468 horas)…………………………………………………………………………………………. 15 usuarios/as
Como Centro colaborador de Formación Ocupacional, no de censo 32H0523, estamos homolagos en diversas especialidades segundo a orde da Consellería de Traballo:
- Curso de Monitor de Educación Ambiental.
- Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio.
- Inglés: atención ó público.
- Atención Especializada enfermos de alzheimer.
- Atención Sociosanitaraia a persoas en institucións.
- Competencias clave.
- CURSOS MONOGRÁFICOS xestionados pola Fundación Ramón González Ferreiro: formación en especialidades que demanda ó mercado laboral ou para actualización de coñecementos adquiridos polo alumnado anteriormente.
Cursos de patronaxe (“bolsos e saias”, “bolsos”)……………………. 9 usuarios/as
Cursos de cociña ……………………………………………………………. 17 usuarios/as
Curso de patronaxe programa Clara organizado polo Concello de Allariz … 15 usuarios/as
- CURSOS MONOGRÁFICOS organizados polo Centro de Educación Ambiental de O Rexo:
Curso de xabóns naturais …………………………………………………………12 usuarios/as
Curso Creación de títeres……………………………………………………….. 9 usuarios/as
2 Cursos de poda ………………………………………………………………….. 30 usuarios/as
Curso de enxerto……………………………………………………………………. 23 usuarios/as
Curso de prantas aromáticas………………………………………………….. 15 usuarios/as
2 Cursos de conservas e marmeladas………………………………………. 26 usuarios/as
Curso Iniciación a Micoloxía ………………………………………………….. 11 usuarios/as
Curso de Licores ……………………………………………………………………9 usuarios/as
- Nº de VISITAS ó Centro de Educación Ambiental de O Rexo……… 2.885 usuarios/as
Estes visitantes asistiron as nosas instalación de xeito grupal ou nas visitas individuas que se organizan ao
longo do ano e en datas festivas. Numerosos grupos (ANPAS, asociacións, colexios…) permaneceron con nós
toda a xornada efectuando obradoiros e actividades no Rexo.
- ALBERGUE Fundación Ramón González Ferreiro: dispomos de 60 prazas distribuídas en habitacións de dúas, tres, catro e seis prazas, todas exteriores con baño e calefacción. Ofertamos servizo de comedor para ós alberguistas e usuarios das nosas actividades grupais.
No de alberguistas e ususarios/as de servizo de comedor…………………………… 345
- MINI-CAMPAMENTOS XUVENÍS PARA CENTROS FORMATIVOS E ANPAS: durante todo o ano afrecemos rogramacións para grupos, cun equipo de monitoras/es que está dispoñible 24 horas. As actividades están coidadamente personalizadas para as idades e os colectivos que nos visitan. Estancias de 3, 5 e 7 días.
No de acampados/as para Centros Educativos e ANPAS…………………………….. 130
- CAMPAMENTOS DE VERÁN “RURAL CAMP”: organizáronse 3 quenda de 7 días en xullo, para idades de 8 a 14 anos nas que a tolerancia, a educación ambiental, a diversión e os xogos son os protagonistas xuntos cos acampados/as.
No de acampados/as de “Rural Camp”………………………………………………………… 110
- PROGRAMA EUROPEO “ERASMUS+” MODERN SHEPHERDS: organizáronse dous encontros con participantes de diferentes países europeos Italia, España, Rumanía, Grecia, Malta, Portugal, Croacia… de 8 días de duración. Uns intercambios para a mocidade coprendida entre os 18 e 30 anos na que o tema central foron as alternativas que proporciona o rural.
No de participantes nas edicións I e II de “Modern Shepherds ………………………….. 76
Total número de beneficiarios no ano 2015:
ACTIVIDADES | NÚMERO DE BENEFICIARIOS |
CURSOS DE INGLES e FRANCES | 137 |
CURSOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL | 191 |
CENTRO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL O REXO | 2885 |
ALBERGUE XUVENIL | 661 |
TOTAL | 3.874 |
Estás actividades foron financiadas unha parte polo cobro aos usuarios e outra a aportación de fondos propios da Fundación Ramón González Ferreiro.
Este ano tivemos a colaboración da entidade La Caixa pola aportación de 3.000 euros para a adaptación dun baño e ducha para persoas dependentes no noso albergue.