A fundación Ramón González Ferreiro recibiu en decembro de 2017 , unha subvención para a contratación de duas persoas, dentro do programa operativo de emprego xuvenil da Consellería de Economía Emprego e Industria, estando cofinanciada esta subvención polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91,89%, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, para realizar o servizo:

AMPLIACIÓN E MELLORAS DO PROXECTO
DE EDUCACIÓN AMBIENTAL

Para dar cumprimento a este obxecto social a Fundación Ramón González Ferreiro creou un Centro de Educación Medioambiental (C.E.A. O Rexo) e un albergue xuvenil.

Mellora Aulas Programa Xunta de Galicia

Os obxectivos do proxecto educativo pretenden que se adquiran os coñecementos, valores e habilidades prácticas para desenvolver unha convivencia harmónica co medio, de respecto pola súa biodiversidade, tanto a nivel social, cultural como ecolóxica. Queremos implicar as distintas entidades, especialmente ós centros educativos na protección do medio ambiente, e fomentando o consumo responsable.

Beneficiarios finais do servizo que prestarán o traballador e a traballadora contratados:

Os destinatarios e destinatarias do presente proxecto educativo, son grupos organizados de idades diversas, tendo en conta que as actividades serán sempre adaptadas ás características dos grupos que as soliciten. A maior parte dos usuarios son da Comunidade Galega: centros de educación infantil, primaria e secundaria, Institutos, ANPAS, asociacións relacionadas con persoas con discapacidade, da terceira idade ou xuvenís, concellos…

As actuacións que se pretenden realizar:

– Mellorar, incrementar e executar as actividades a desenvolver dentro da Aula de Natureza.

– Elaboración de material didáctico e búsqueda de recursos para colectivos con carencias especiais

– Revisión e actuación das actividades: obradoiros, rutas, estadías de 1, 3, 5 e 7 días e a súa execución

– Posta en marcha de actuacións encamiñadas a potenciar o coñecemento das enerxías renovables de maneira práctica.

– Divulgación das nosas propostas educativas. Potenciar as relacións e actuacións cos colexios do entorno mais póximo.

– Melloras nas instalación exteriores: xardíns, horta ecolóxica, zonas sombrías.

– Mellora nas intalacións interiores: organización da distribución e decoracións