D. Ramón Gonzalez Ferreiro

D. Ramón Gonzalez Ferreiro

A Fundación Ramón González Ferreiro ten a súa orixe na vontade de Don Ramón González Ferreiro, natural da aldea de Paciños, no municipio de Allariz. Por desexo expreso de él, a Fundación que leva o seu nome pasa a ser herdeira de todo o seu patrimonio no momento do seu falecemento, acontecido en xullo de 1980, ao mesmo tempo que fixa os seus obxectivos, que van a enmarcarse fundamentalmente na actividade educativa. Inicia así, esta Fundación, unha importante andaina, que persegue dar resposta, non só as necesidades de Allariz e comarca, senón tamén a algunhas das que Galiza require.

Dende hai anos, a Fundación Ramón González Ferreiro mantén unha estreita colaboración co Concello de Allariz, que levou á posta en marcha de importantes proxectos para o municipio. Na actualidade, son moitas as institucións coas que existe colaboración e que dan mostra non só da importancia das actividades que se están a desenvolver, senón da apertura dun abano de áreas nas que actualmente desenvolve o seu traballo: Concello de Allariz, Área da Reserva da Biosfera de Allariz, Asociación de Ovino-Caprino de Galicia, Sociedade Española de Medicina General. Dende 1986, a Fundación Ramón González Ferreiro está declarada de interese galego, recoñecida e clasificada como benéfico-docente pola Consellería de Educación.