Modern Shepherds Erasmus Featured

I Encontro Erasmus “Modern Shepherds”

[dropcap type=”circle” color=”#ffffff” background=”#ef7f2c”]A[/dropcap] Fundación Ramón González Ferreiro organiza o intercambio internacional  “Modern shepherds”, un encontro localizado na Reserva da Biosfera Area de Allariz, do 18 ata o 25 de abril. A experiencia terá unha duración de 8 días,  vai dirixido á  mocidade entre 18 e 30 anos e enmárcase na estratexia de “Educación e formación 2020 do Parlamento Europeo”.

Modern Shepherds Erasmus

O punto de encontro e o aloxamento  será no albergue da Fundación R.G.F., en Paciños -Allariz– na provincia de Ourense.

No encontro participarán 43 persoas de 5 países dentro do programa Erasmus+ da comisión Europea. Será un intercambio de ideas, culturas, experiencias e valores.  Aprendendo uns dos outros baixo unha metodoloxía de educación non formal, mediante presentacións, obradoiros, e visitas. Coñeceranse tamén experiencias empresariais innovadoras no rural, como é o caso a Granxa-Queixería e Centro de Educación Ambiental de O Rexo ou a cervecería artesanal de  A Dama Acaricana entre outros.

Os participantes contarán con 8 días en réxime de pensión completa e inclusión na programación completa do intercambio. Unha fermosa experiencia nun entorno natural e rural, rodeados de xente de diferentes nacionalidades  onde compartir e aportar o mellor de cada un. O idioma principal de comunicación será o inglés.

Os interesados entrarán nun proceso de selección no cal terán que aportar unha serie de datos persoais e facernos chegar unha carta motivacional que exprese as razóns para participar no intercambio.

Documento a presentar polos interesados.

Derradeiro día de entrega da documentación como demandante de praza do proxecto Modern Shepherds será o 15 de marzo.

Enviar documentación: info@fundacionrgf.org

Modern Shepherds Erasmus Cartaz