Visita Cordeiros 2015-Destacada

Visita Especial Cordeiros 2022

Esta actividade consta dunha sesión de contacto directo cos cordeiros, onde os participantes daranlle o biberón ás crias. Pódese realizar entre os meses de xaneiro e marzo e, en ocasións, ata mediados de abril. Estas datas son nas que as ovellas teñen as crías, debido á concentración de partos que se realiza na granxa.

Durante a visita, dividida en diferentes bloques, coñecerán as instalacións de O Rexo: o Centro de Educación Ambiental, a granxa,  a queixería e, se o tempo acompaña, tamén as terras de pastoreo. Rematando cunha degustación do queixo de O Rexo.

Os monitores e monitoras darán a coñecer diferentes aspectos dependendo das idades dos visitantes, fomentando sempre o respeto pola natureza, o médio agrário, o labrego e o achegamento a eles a través das ovellas, os cordeiros e os cans mastíns.

Algúns dos obxetivos que se perseguen:

  • Transmitir boas conductas e actitudes en torno a un contexto natural.
  • Dar a coñecer as tarefas do campo e da granxa, para valoralas e respetalas.
  • Gozar e aprender grazas ás emocións e vivencias experimentadas.
  • Fortalecer a autorrealización e a autovalía a través do coidado dos animais.

As visitas son para grupos reducidos, máximo 25 participantes. A duración 90 minutos aproximados.

Prezo para grupos: 150€

Documento Inscripción

Visita Especial Cordeiros 2022