É unha actividade realizada pola Fundación dende o ano 1999 son os cursos de inglés, é unha actividade formativa con carácter lúdico cunha metodoloxía activa, motivadora e baseada nos intereses dos propios alumnos co obxectivo de que os nenos e nenas consigan expresarse e resolver situacións cotiáns no idioma a través da música, xogos, debuxos, manuais, conmemoracións e outras actividades de tempo libre.
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES |
CLASES DE INGLÉS
3º 4º PRIMARIA 15:30/17:00 |
CLASES DE INGLÉS
1º-2º PRIMARIA 15:30/17:00 |
CLASES DE INGLÉS
5º-6º PRIMARIA 15:30/17:00 |
CLASES DE INGLÉS
1º 2º PRIMARIA 15:30/17:00 |
CLASES DE FRANCÉS
4ª-5º-6º PRIMARIA 15:30/17:00 |
CLASES DE INGLÉS
INFANTIL 4-5 ANOS 15:30/16:30 |
||
Os beneficiarios desta actividade son alumnos de Educación Primaria de Allariz, dentro das actividades extraescolares
Impártense clases todos os días do curso escolar, dende 4 anos a 10 anos, formándose grupos por niveis co obxectivo de acadar maior calidade no ensino e unha atención máis personalizada.
Dende o ano 2014 estase impartindo clases de francés a nenos e nenas do colexio de Allariz, como actividade extraescolar.
DURACIÓN: OUTUBRO A MAIO ( novos horarios )
PREZO TOTAL: 105 €
FORMA DE PAGO:
75 € Inicio e 30€ en xaneiro
Comezo o 1 de outubro
INFORMACIÓN: Mais información no 988 43 61 82 ou info@fundacionrgf.org